UNHA ÚLTIMA CARTA. A. PAPATHEODOULOU- I.SAMARTZI


Este texto de A. Papatheodoulou e I. Samartzi que edita Kalandraka foi IX Premio Internacional Compostela para Álbum Ilustrado. Penso que as cartas son algo moi descoñecido para os máis novos, moi esquecido... por iso quixen escoller esta xoia de libro para facelos pensar sobre a súa importancia (nun pasado non moi lonxano) e, de paso, facer unha actividade lúdica.
Cunha presentación espectacular (é deses libros que dan ganas de tocalos só ó velos!) e cun texto claro, nostálxico, tenro... relátase o último día de traballo dun carteiro que leva moitos anos repartindo cartas nunha illa.
Palabras bonitas, desgrazas, ilusións, comunicación... que só o carteiro tiña na súa man nun tempo no que para comunicarse só había cartas.
Cun final precioso. Encantounos a todos.
E este foi o traballo que fixeron despois coas súas profes... Estaban emocionados coas cartas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario