A DÚBIDA. M. REIMÓNDEZ

En Balbordo no grupo de pais, profesores... tivemos a sorte de reunirnos, o 18 de maio, con María Reimóndez para falar da súa novela gañadora do XIV Premio de Novela por entregas de La Voz de Galicia.
É un texto breve, áxil, ameno... que mantén a atención do lector ata ó final.
Charlamos de moitos temas presentes na obra: a pederastia, a corrupción, as relacións familiares, a violencia exercida contra a muller, os silencios da sociedade...
A vida aburrida e rutinaria dun matrimonio composto por un coñecido político e unha economista vese afectado pola detención do home, acusado de abusar dunha menor (filla duns amigos da familia). O desconcerto inicial da muller e as dúbidas sobre o que está pasando en realidade lévana a indagar sobre diferentes aspectos da súa personalidade e da súa relación de parella e a plantexarse moitos interrogantes sobre o seu marido, que terán que ser resoltos para atopar a verdade.
Grazas a María por acompañarnos!


No hay comentarios:

Publicar un comentario