LADYDI. JENNIFER CLEMENT.

Dura, impresionante, moi recomendable novela de Jennifer Clement nos pareceu a todos os compoñentes do grupo de maiores.
Narrada en 1ª persona por unha xoven que vive nunha aldea de México coa súa nai (o seu pai abandonounas). Nun ambiente marcado polo terror motivado polo continuo rapto de mulleres novas, a vida das mulleres, das nenas... está poblada de medos, anguria: además de ser roubadas, a amenaza de ser fumigadas por helicópteros que desfán as plantacións de amapoulas da zona pálpase continuamente.
A dureza da vida de Ladydi (protagonista desta historia, que leva ese nome elixido coidadosamente por un peculiar motivo...) acentúase coa convivencia coa nai, permanentemente borracha; por iso o seu optimismo e fantasía contrastan continuamente co ambiente que a rodea. Cando marcha a servir a unha casa dunha familia rica, na gran cidade, a esperanza ábrese no seu camiño aínda que, desgraciadamente, a vida todavía lle deparará sorpresas e inimaxinables.
Sobrecolledora e moi intensa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario