EL INCREÍBLE CASO DE BERNABY BROCKET. JOHN BOYNE

Interesante libro, que lles encantou ós rapaces de 1º e 2º ESO de Balbordo.
Un texto moi válido para reflexionar sobre as persoas diferentes, o modo de enfrentarse á vida da xente que os rodea e tamén a forza do non conformismo para lograr metas.
Nunha familia (composta por pai, nai e dous fillos) na que todo parece normal e perfecto, de súpeto chega un novo membro: un neno que desde que nace é especial: elévase no aire. A vida dos que o rodean vese profundamente alterada e a reacción dos pais é a de non aceptación do problema.Tras ingresalo nun centro especial no que os nenos non son ben tratados, deciden abandonalo (moi cruelmente). A partir de aí, o neno (de tan só 8 anos) vive múltiples aventuras, coñece a variados personaxes que o axuudarán, o explotarán, o coidarán... e, en definitiva,  farán cambie plenamente a súa vida e as súas relacións familiares.
Duro en moitass páxinas, terno noutras...
Unha novela de John Boyne (autor de  O neno co pixama de raias) editada en Nube de Tinta, que deu moito para falar en Balbordo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario