INSTRUCIÓNS PARA TOMAR CAFÉ. MANUEL NUÑEZ SINGALA.

Humor intelixente, ironía, continuos guiños ó lector... foron algúns dos compoñentes que nos fixeron disfrutar moito na nosa cea-reunión de Balbordo no grupo de pais-profesores.
Brevidade, amenidade, inxenio e agudeza hai nestes relatos curtos (algúns só teñen dúas liñas) ou tamén microrrelatos.
Dende unha alusión no título á obra de Cortázar: "Instrucciones para..." o libro estructurase en torno a 4 grandes bloques:
1.-Libro de Reclamacións
2.-Libro de estilo
3.-Libro de Instrucións
4.-Libro de Contos
Nuns hai queixas a diferentes e divertidas situacións, noutros varias reflexións sobre o "carácter" dos galegos; ou ben o fío condutor é a alusión a distintas e propias formas de ser da xente de Galicia (sempre cun toque de ironía e sorna que nos arrinca un sorriso). Por último, atopamos solucións inesperadas, divertidas e inxeniosas ou incluso algunha revisión de contos clásicos.
Nalgún aspecto recordoume a outro libro deste mesmo autor: Menú de enganos xa que en ambos hai como pequenos lóstregos de palabras e sensacións que pasan fugazmente diante dos nosos ollos. 
Gustáronnos especialmente: "Cocido familiar", "Estraña", "Instrucións para tomar café", "Instrucións para parecer galego", "Instrucións para convidados" ou contos como "O Monarca" por citar algúns...
En Galaxia, de Nuñez Singala.

No hay comentarios:

Publicar un comentario