ESKORIA. A. GÓMEZ CERDÁ



No grupo dos rapaces de Balbordo tivemos a oportunidade de comentar esta obra, de A. Gómez Cerdá, que calou fondo.
Describe o pesadelo diario que sofren algúns rapaces cando deben enfrontarse ós abusos irracionais doutros compañeiros, ós insultos, ameazas e provocacións que poden converter unha vida completamente normal nun inferno no que, ás veces, os que o viven non son capaces de denunciar.
Un texto duro, unha temática forte (como a imaxe que dá entrada ó texto) e bastantes personaxes que non nos deixaron indiferentes.
Posiblemente conveña falar máis desa violencia agochada que tamén ás veces pode ser arroupada polo silencio dos que a coñecen (sen participar nela) pero que están de costas a ela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario