Xuntanza Club de Lectura profesorado Furia de María Reimóndez


 

O pasado venres, 01 de marzo de 2024 reunímonos parte dos membros do Club de Lectura Balbordo do IES Río Cabe para falar do libro de María Reimóndez, Furia.

 

Resultou unha reunión moi amena e produtiva na que tivemos a sorte de estarmos acompañados pola autora María Reimóndez, gañadora do XV Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2023, quen compartiu con nós un xantar literario e, posteriormente na Biblioteca do centro escolar, analizamos os diferentes personaxes da novela e os seus comportamentos ante situacións difíciles.

 

Tras a morte da súa nai, Cecilia, unha adolescente de dezaseis anos, non sabe como convivir coa dor. Por se non fose pouco, unha pandemia, un cambio de casa, a precariedade e a incomunicación coa súa tía avoa énchena de rabia ante o mundo que a rodea. Cando a cousa parece que xa non podería empeorar máis, atópase co boxeo. Grazas a este deporte e a unha serie de persoas que a acompañarán, Cecilia atopa a confianza nas propias forzas para buscar unha vida plena, para atopar o seu lugar seguro. Furia non é só a historia dunha moza que se enfronta á perda e á dor, senón unha reflexión sobre os afectos e o valor verdadeiro, un canto de amor ao boxeo e unha constatación da importancia de termos sempre alguén na nosa esquina que nos guíe á hora de evitar os golpes eludibles e nos acompañe para encaixar os inevitables.







María Reimóndez lembrouse no noso Club de lectura no seu artigo xornalístico de nósdiario




Reunión club de lectura 2º ESO

Rewind, Juan Tallón

 



O pasado día 26 de xaneiro de 2024 reunímonos parte dos membros do Club de Lectura Balbordo do IES Río Cabe para falar do libro de Juan Tallón, Rewind.

Resultou unha reunión moi amena e produtiva na que, ademais de xuntarnos ao redor dunha suculenta cea, analizamos os distintos puntos de vista que atopamos nesta novela tras a explosión nun edificio de Lyon onde un grupo de estudantes celebraban unha festa.

Grazas aos cinco narradores, tanto vítimas como testemuñas do accidente coñecemos o que aconteceu a noite da explosión e, tamén, as consecuencias que tivo este feito.

 






Nesta novela indágase sobre a posibilidade ou non de rebobinar despois dun acontecemento, nos fantasmas persoais, nos golpes de sorte, na persoa que ao final non somos, nos segredos que debemos ou non debemos contar e na capacidade do ser humano de erguerse despois de caer. Esta novela é unha manobra de espionaxe dos mecanismos da propia vida, que cambia sen avisar, xira, salta polos aires e destrúe a calquera sen estar preparado.

 

 Deixámosvos dúas reflexións interesantes sobre a Rewind:

«Una novela maravillosa, sobre el duelo, la capacidad de hacer memoria y la vivencia de la felicidad como espejismo. Un libro, de extraña melancolía, que habla de cómo los humanos salimos adelante tras el derrumbe» (Marta Sanz, El Periódico de Cataluña)

 

«Rewind esconde una gran ambición: resumir los múltiples ceremoniales de la existencia (amistad y amor, pérdida y familiaridad) con diversos enfoques y en diferentes etapas de la vida. Añadamos las prodigiosas caracterizaciones y el oído para la estructura, la dosificación de detalles pertinentes y el puro gozo del estilo» 

(Carlos Pardo, El País)

Reunión do Club de Lectura de 1º ESO A. Mamá quero ser Ziggy Stardust de Iria Misa



 Na mañá do mércores, 17 de xaneiro de 2024, o alumnado de 1º ESO A xunto coa súa profesora de Lingua Castelá, Nuria Mariño, xuntáronse na biblioteca do centro educativo para pór en común a lectura do libro de Iria Misa Mamá, quero ser Ziggy Stardust e degustaron un biscoito de noces.





Compartiron a vida dunha nena que non se identifica co sexo co que naceu e sente unha admiración especial pola figura de Ziggy Stardust. Na reunión analizaron todos os problemas que lle acarrexou esta situación: problemas familiares, rexeitamento dunha parte da sociedade, conflitos escolares, actitude ben diferentes de persoas moi achegadas... Con esta obra a rapazada achegouse ao mundo da diversidade dun xeito natural.

A historia está narrada por un amigo invisible de Anie, a protagonista, co que fala e comparte as súas confidencias, xoga, canta, maquíllaxe...




Reunión do Club de Lectura de 1º ESO B



Na mañá do venres, 19 de xaneiro de 2024, o alumnado de 1º ESO B xunto coa súa profesora de Lingua Galega, Pilar López, xuntáronse na biblioteca do centro educativo para pór en común a lectura do libro de María Reimóndez, Usha, acompañado dunha deliciosa bica.






Con esta obra o alumnado tivo ocasión de descubrir a cultura popular da India, lugar a onde unha rapaza galega, Uxía, Usha para os amigos, chega acompañando a súa nai que era membro dunha ONG.

A través dos ollos de Usha descríbesenos a súa estancia en Devastana, unha vila do estado de Karnata, na India, onde fixo algunhas amizades, especialmente con Lakshmi e Deepak e puido coñecer novos costumes e lendas e descubrir unha nova lingua: o canarés.

A xuntanza foi moi interesante e permitiunos comparar moitos aspectos da cultura india e galega.




Reunión do grupo BalbordoCREA

 O alumnado de 1ºde BACH reunirase este martes día 19 de decembro para intercambiar impresións sobre o libro Nada, de Janne Teller.





O alumnado de 1º de BACH, é moi creativo, así é que, traerán algunha obra de arte inspirada pola lectura do libro!


 



O venres 10 de novembro de 2023 reunímonos parte dos membros do Club de Lectura Balbordo do IES Río Cabe para falar do libro de Ledicia Costas, Infamia, e así inaugurarmos un nova edición do Club de Lectura do profesorado.

 


Resultou ser unha reunión moi amena e produtiva na que analizamos os distintos matices desta obra que non deixan indiferente a ninguén.

 

Viaxamos polas distintas personaxes e polos diferentes temas de actualidade que aborda a escritora, pederastia, homosexualidade, corrupción policial, dilemas éticos, morte, violación, etc.

 

Tamén analizamos as tesituras éticas e morais que se formulan, onde cabe destacar se como pais se pode chegar a facer calquera cousa polos fillos/-as…

 

 


Foi unha reunión que deixou un bo sabor de boca para pensar xa na seguinte lectura.

BALBORDO






Logo de Balbordo: Manuel Sánchez Seco

UNHA ÚLTIMA CARTA.

 

Unha última carta, unha última reunión do curso que é tamén unha despedida.
Este texto de A. Papatheodoulou I. Samartzi que edita Kalandraka foi IX Premio Internacional Compostela para Álbum Ilustrado. Penso que as cartas son algo moi descoñecido para os máis novos, moi esquecido... por iso quixen escoller esta xoia de libro para facelos pensar sobre a súa importancia (nun pasado non moi lonxano) e, de paso, facer unha actividade lúdica.
Cunha presentación espectacular (é deses libros que dan ganas de tocalos só ó velos!) e cun texto claro, nostálxico, tenro... relátase o último día de traballo dun carteiro que leva moitos anos repartindo cartas nunha illa.
Palabras bonitas, desgrazas, ilusións, comunicación... que só o carteiro tiña na súa man nun tempo no que para comunicarse só había cartas.
Cun final precioso. Encantounos a todos.


REUNIÓN CON ARANTZA PORTABALES.

 


O venres 2 tivemos a sorte de contar coa presenza de Arantza Portabales na nosa reunión de Balbordo. A súa simpatía, cercanía e xenerosidade permitiunus falar moito non só de Deixe a súa mensaxe... senón doutras das súas novelas máis recentes ou de inmediatos proxectos.


Charlamos sobre estas breves historias perfectamente interconectadas que percorren catro vidas que, sen sabelo, teñen algún fío invisible en común. Son páxinas con nome de muller, personaxes femininos de diversa idade ou estrato social, solitarias, loitadoras, desilusionadas nalgún momento, cheas de forza e tamén de dúbidas....que van deixando as súas aparentemente inconexas mensaxes nun frío contestador  no que se depositan variadas confidencias e retallos de vidas.

Marina, Carmela, Sara e Viviana desgranan a súa existencia con problemáticas diarias, comúns (e ó tempo extraordinarias) mulleres solitarias que van cambiando o seu comportamento e ideas polo azar que se cruza en cada un dos seus camiños.

Moitísimas grazas, Arantza, pola túa espontaneidade e a ilusión que transmites cando falas das tramas, proceso de creación e personaxes dos teus libros.

Esperamos verte de novo en Balbordo. Libro: Beleza vermella.

Beatriz González L.

REUNIÓN GRUPO BACHARELATO

 

Con esta obra, Oliver Sacks convertiuse nun dos grandes escritores clínicos do século, ademáis de autor de referencia en neuroloxía. Nela nárranse 20 impactantes historias de pacientes que loitan contra os fenómenos da mente e do recordo. Lonxe de recurrir a unha escritura técnica e tediosa, o autor desgrana de forma humana e mesmo con toques de humor os entresixos destas enfermedades neurolóxicas.

As historias impactaron profundamente aos nosos alumnos , especialmente O marineiro perdido e a que dá título á obra. No primeiro caso , enlazándoa co empirismo do Filósofo D.Hume chegaron a preguntarse :¿acaso somos algo máis cun amasixo de experiencias que se siguen no tempo? Tamén se fixeron conscientes da importancia da nosa memoria e de cómo un simple erro nunha peza dos seus engranaxes fai que se reduza a pó todo aquelo que nos definiu por anos.


Todos remataron abrumados pola vulnerabilidade coa que os fallos da memoria deixan a estos guerreiros anónimos: desorientados, confundidos, incapaces de comprender o que lles rodea, vítimas asistentes ao seu propio funeral.

Recomendamos esta obra porque as súas reflexións son leccións sobre o terrorífica e maravillosa que pode ser a nosa mente, porque ofrece unha visión dos casos seria, pero non alarmante: un acercamento a seres que demostraron a O. Sacks que podían ser homes plenos aínda que tivesen perdido polo camiÑo o extremo do fío que cosía os roupaxes da mente.

Flor R. Lemos

LA COLECCIONISTA DE PALABRAS.

 

Este álbum de Sonja Wimmer (autora de Hija Cipariso) recorda nalgún aspecto ó marabilloso Ladrón de palabras, que xa lemos en Balbordo, posto que en ambos son os vocablos os que enchen o mundo de sentimentos variados. 

A protagonista é Luna, unha gran coleccionista de palabras fermosas e será defensora do seu uso cando corran perigo porque as personas esquécense de utilizalas.... Péchaas nunha maleta coa que emprende unha viaxe.

Entenderá o valor de compartir o positivo para que poda extenderse. 

Fíxonos reflexionar.

REUNIÓN JUAN EL CENICIENTO. 4º ESO


 Na última reunión do curso con este grupo falamos desta breve obra de teatro na que se tratan moitos temas que se plantexan na actualidade: o tratamento das diferenzas, o uso das novas tecnoloxías para comunicarse os xóvenes.... Tomando como metáfora o conto da cenicenta, aplicado ó mundo actual, pero o protagonistas é un mozo no mundo moderno e coas preocupacións propias de moitos adolescentes.


LA VIDA EN LA PUERTA DE LA NEVERA NO PLAN PROXECTA NA ESA


 Ao abeiro do Plan Proxecta: por 365 días de respecto e igualdade, o alumnado da Educación Secundaria para persoas Adultas celebra a reunión do clube de lectura o día 18 de abril do 2023 nas instalacións da biblioteca do instituto. O libro elixido foi La vida en la puerta de la nevera, xa que a súa temática tamén se relaciona coa igualdade de xénero traballada no Plan Proxecta. 

Reunímonos para facer lectura compartida en voz alta, en dúas sesións anteriores á reunión do Clube de Lectura.
Foi unha experiencia enriquecedora dada a diversiade que se presenta na aula, alumnado de distintas nacionalidades e idades comprendidas entre os 18 e 65 anos cunha visión moi dispar sobre o papel da muller na sociedade.
Noelia Besteiro e Roberto Pérez

TERROR. GRUPO PROFESORES


Nesta obra de teatro de Ferdinand Von Schirach, autor de Crímenes e Culpa, o argumento é sinxelo: nun xuizo, un fiscal, un xuíz e un avogado defensor (ademais do acusado) tratan a cuestión seguinte: un oficial dispara e derriba un avión secuestrado con 164 persoas para que non se estrele (por orde dun terrorista) nun estadio de fútbol.
A afirmación da páxina 121: "No existe la certeza en cuestiones morales" é un perfecto resumo do dilema que se lle plantexa ó lector/espectador sobre que debe prevalecer do sentido da xuxtiza, decisións morais e persoais que poden afectar a moita xente.
O final queda totalmente aberto á reflexión. Todos estes temas se debatiron na reunión de Balbordo.
No libro tamén hai un discurso no que se anima a Charlie Hebdo a seguir facendo sátira despois dos ataques e atentados na sede da revista.

REUNIÓN VALENTINO RUFINI NO 1º CICLO

 


Tamén, no terceiro trimestre, outros alumnos de 1º e 2º de ESO leron a divertida obra de teatro de Roberto Salgueiro: Valentino Rufini e Âkil Pillabán, de viaxe a Milán (e van sen un can).

Trátase dunha comedia farsesca que transcorre  en Venecia nunha noite do século XVIII. Dous peculiares personaxes pasarán a noite nunha casa abandonada namentres agardan  a que chegue o día para continuar a súa viaxe. Entre tanto, os sucesos curiosos acontecen de xeito moi divertido.

Aos rapaces resultoulles moi doadiña de ler e moi divertida.

Nuria Mariño.

REUNIÓN EL ÁRBOL DE JULIA.

 


No terceiro trimestre algúns dos alumnos de 1º e 2º da ESO leron unha obra de teatro de Luis Matilla: El árbol de Julia.

A protagonista, Julia, é unha nena alegre, decidida e sensible que para evitar que talen unha árbore centenaria decide gabear por ela e ficar alí. A súa actitude dálle unha lección aos adultos que so buscan o éxito e os cartos.

Os alumnos empatizaron moito coa protagonista e a temática deu pé a unha interesante tertulia.

Nuria Mariño.

REUNIÓN MEXILÓNS PARA CEAR. 4º ESO

 

Deixou moi desconcertado ó alumnado este libro polo seu final. Antes da reunión, cando me atopaban polos corredores xa facían algúns comentarios como que lles resultaba moi raro o modo de narrar ou como o tempo pasa tan lentamente na historia.

Na xuntanza tratamos moitos temas que ó comezo do libro parece están moi agochados (como a violencia, a opresión dun pai de familia sobre o seu entorno) pero que arremeten con forza e crueldade 

Penso que impactou e lles fixo repensar ó saír da Biblioteca.

REUNIÓN COMETAS EN EL CIELO.

 


La novela surca una vida que navega contra el destino. Para el protagonista, crecer será una prueba de superación que lo libere de la grave culpa con la que carga.

Por si esto fuera poco, la historia despliega la complicada situación de un país destruido por la dictadura y el integrismo.

El humanismo de esta obra atraviesa todos los puntos de vista, pero lo que más nos ha calado ha sido la deducción final de que los propios actos son condicionados también por circunstancias ajenas a nosotros, aunque la culpa exista y tenga razón de ser; y aunque haya culpa, por fortuna, la obra no es una tragedia griega, porque siempre existe la oportunidad de redimirse. Hay salvación. ¡Ya sabéis!

Fe Cortiñas


REUNIÓN LA BELLEZA DE LAS CICATRICES. GRUPO PROFESORES

 


Iván Garrido, o portagonista desta historia (que edita la esfera de los libros) xugou con exemplaridade e forza coas "cartas adversas" que desde o seu  nacemiento implicou a morte da súa nai e nacer con VIH. A loita convivindo coa enfermidade en momentos difíciles e os problemas na súa etapa escolar de adolescente son narrados nestas páxinas nas que lonxe de mostrar rabia ou dor por distintas situacións adversas afronta con valentía e coraxe as adversidades do camiño. O Kintsugi é o modelo de vida que defende, baseado nun arte de Xapón consistente en reconstruir con precisión o deteriorado e roto para formar unha nova e única peza difícil de substituír.
As súas palabras teñen positividade e  continuo agradecemento ós seus avós (que se ocuparon da súa crianza) en especial da "avoa coraxe" á que lle adica especialmente unhas emotivas páxnas.
A amizade, as relacións cos demais, o amor, a familia... con todas as luces e sombras e as contradicións que poden ir acarreando fan do texto un exemplo de superación e fortaleza loables.

REUNIÓN USHA.

 


Tralo éxito que tivo o álbum ilustrado de La trenza, continuamos con outra lectura localizada na India. A través das aventuras de Uxía (ou Usha), a protagonista, os participantes do Clube fixeron notar moitas das diferenzas entre a vida en Galicia e a vida en Devastana. Uxía, que xa tiña pasado estancias curtas en Devastana por mor do traballo da súa nai (médica nunha ONG), pasa agora un curso completo alí e fainos partícipes desas diferenzas: dende o xeito de lavar a roupa, o limitado consumo de auga (un ben escaso), os diferentes perigos do día a día (por exemplo, pisar unha serpe velenosa) e situacións como un namoramento, algo que, na India e se es unha estudante nova, pode dar lugar a grandes problemas familiares e sociais. Aínda que as páxinas da novela dan para falar largo e tendido, estes foron os motivos da novela que máis chamaron a atención dos nosos lectores, que seguirán coa lectura de dúas obras de teatro.

Paula Martínez García.